X
Menu
X

Page 2

A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) vén de ser inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións, legalizando desta maneira a súa acta de constitución e os seus estatutos, nos que figuran como fins, entre outros, a mellora da rendibilidade forestal e a rendibilidade dos montes privados.

NOVA  XUNTANZA EN SAN XULIAN  DA ASOCIACION DE PROPIETARI@S DE MONTE  DO MORRAZO (A.P.M.M.)

DOMINGO 10 de ABRIL de 2016 ás 11:00  horas na Casa da Cultura de San Xulián ( Marín)

Para:  

1.- Darse de alta na Asociación.

2.- Recoller-Entregar  Ficha  de Rexistro de Tomadas.

3.- Consultar Planos do Catastro con localización de Parcelas.

4.- Rogos e Preguntas.

Acude á próxima asemblea e convida a amig@s, familiares  e veciños que queiran localizar as súas tomadas e axudar á mellora e coidado do monte

Nova Xuntanza na Casa da Cultura de Seixo. Domingo 12 de marzo de 2016

Hoxe, sábado as 17:00 horas,  fixemos un novo acto de presentación da APMM na casa da cultura de Seixo.

Foi unha xuntanza moi participativa  á que acudiron  uns 30 veciños, que aportaron as súas opinións e suxerencias.

Todos os asistentes  estivemos dacordo en que só xuntos podemos avanzar para mellorar o monte. Fíxose especial fincapé en que cada novo socio intente explicar a veciños e coñecidos, con propiedades no monte,  as ventaxas de unirse para facernos mais fortes.

Fixemos novos socios e acordouse que as persoas interesadas  poden deixar as fichas de socios e tomadas, ao encargado da casa da cultura de Seixo , entregalas  a diretiva da APMM directamente, nas xuntanzas dos mércores ás 20:00 h na casa da cultura de Cela, ou contactar con nos por diferentes medios.

Gracias a tod@s por acudir a nosa convocatoria

1fotoseixo5fotoseixo

4fotoseixo

2fotoseixo

Moi boa acollida na xuntanza na Casa da aldea de Meiro, domingo 6 de marzo 2016

O pasado domingo, as 11:00 horas, tivo lugar a asemblea de presentación da APMM na casa da aldea de Meiro.

Asisitiron unhas 60 persoas que amosaron moito interese pola asociación e polo coidado e aproveitamento do monte.

Os interesados en facerse socios poden deixar as follas de inscrición e de tomadas á asociación de veciños, contactar con nos  ou entregalas, dentro dun mes, xa  que volveremos a facer outra xuntanza no mesmo lugar.

 

fotomeiro4 (1)fotomeiro10

fotomeiro7

fotomeiro4 (2)

 

casa da aldea de Meiro

 

fotomeiro8

 

Domingo 6 de marzo 2016. Xuntanza da APMM na Casa da Aldea de Meiro

Próxima xuntanza da Asociación de Propietarios de Montes do  Morrazo, APMM, na casa de aldea de Meiro,  o  domingo 6 de marzo as 11,00 horas da mañana.

Seguindo  coa  ronda de xuntanzas  por parroquias, la APMM quere acercarse aos veciños das zonas de  Meiro, Ermelo, A Portela  e  outros interesados, para dar a coñecer  a  asociación, os seus  fins e obxectivos e acadar   novos soci@s e así, xuntos colaborar na mellora e  recuperación do monte.

Acude a esta xuntanza e convida a veciños e familiares polo futuro do monte privado do morrazo

Xuntanza da APMM en  SAN XULIAN. Domingo  28 Febreiro  2016

O pasado domingo, 28 de febreiro de 2016, ás 11: 00 horas, celebrouse  unha  xuntanza de presentación da APMM  na parroquia de San Xulián de Marín, nos locais da  casa da cultura de San Xulián ( (carreteira  à Figueirido)

Foi unha asemblea moi participativa a que acudiron uns 50 veciños que coincidiron con nos en que só  é posible a recuperación do monte, traballando xuntos.   Varios deles mostraron interese en facerse socios e avanzar para acadar os obxectivos da asociación

san xulian 1

san xulian 2san xulian 6

Félix Juncal mostra o apoio de Bueu a Propietarios de Montes do Morrazo no seu obxectivo de potenciar unha xestión conxunta

Nova publicada en: http://morrazoaldia.com/gl/felix-juncal-muestra-el-apoyo-de-bueu-a-propietarios-de-montes-do-morrazo-en-su-objetivo-de-potenciar-una-gestion-conjunta/

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, mantivo unha reunión coa Asociación de Propietarios Montes do Morrazo para mostrar o seu apoio e aposta pola colaboración co obxectivo de recuperación dos montes privados e do seu valor económico. No encontro, a nova asociación da comarca solicitoulle apoio institucional, do mesmo xeito que fixeron en setembro coa alcaldesa de Marín, e colaboración para obter información gráfica e de propiedade das parcelas, a limpeza de camiños e sinalización que facilite a localización das parcelas, así como apoio económico para axudar na xestión de localización.

A Asociación de Propietarios Montes do Morrazo está formada por varios propietarios de parcelas forestais dos concellos de Bueu e Marín que se uniron en xuño concienciados do alto valor económico e social que teñen os montes como fonte de recursos naturais e de sustento. Ademais, pretenden afianzarse nestes dous concellos para chegar despois a Cangas e Moaña. A asociación atópase en fase de consolidación e está a levar a cabo a captación de socios e socias propietarios de parcelas para potenciar unha xestión conxunta. O alcalde de Bueu coincidiu con eles en que a través destes traballos vaise a recuperar “a dignidade e ou valor do monte, para que deixe de estar non seu estado de abandono actual e pase a ser xerador de novas oportunidades de emprego e riqueza”.

Inaugurada web da APMM

A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo inaugura a súa páxina web, www.montemorrazo.com, con ampla información sobre a iniciativa e varias seccións que permiten o contacto directo entre as veciñas e veciños do Morrazo coa asociación sen ánimo de lucro. A páxina web, cun deseño moderno e sinxelo, permite así mesmo conectar coas diferentes redes sociais da APMM, ler as últimas novas referentes á asociación, ou informarse da axenda de actos que terán lugar nos diferentes lugares da comarca.

Reunión coa Alcaldesa de Marín
A asociación ven de reunirse coa alcaldesa de Marín. Puso a disposición do colectivo os planos para achegarse aos obxectivos.
A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo realiza mañá unha charla na Casa da Cultura do Campo, en Marín
Mañá, ás once e media da mañá, a Casa da Cultura de O Campo, en Marín, acollerá unha presentación da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo. O colectivo, sen ánimo de lucro, pretende agrupar aos propietarios de monte privado do Morrazo para lograr unha mellora da produción forestal con criterios de sustentabilidade. Ademais, queren que se contribúa ao desenvolvemento da comarca e crese emprego de calidade ao redor do monte. A intención do colectivo é revitalizar o interese polo monte como un ben para coidar e protexer, polo seu achegue económico, ambiental e social á comunidade e evitando no posible que sexa vítima de lumes. A asociación tamén será recibida pola alcaldesa de Marín o vindeiro luns. O colectivo explicará o seu plan de acción á rexedora e solicitaralle a colaboración en todo o que ten que ver co monte e as súas competencias.