X
Menu
X

Últimas novas

Nova rolda de xuntanzas iniciada en San Xulián. A APMM segue crecendo.

A APMM segue adiante co seu proceso de expansión, dándose a coñecer entre os veciños e veciñas das diferentes parroquias de Marín e Bueu, concellos desde onde se pretende levar a iniciativa de cara a unha posterior difusión polo resto da comarca.

Esta nova rolda de xuntanzas comezou onte, 29 de outubro, en San Xulián, onde se deron de alta novos socios e se remarcou a necesidade de continuar co traballo desenvolvido até o de agora. Continuamos pois, con novos folgos, na importante e necesaria encomenda que se propón esta asociación, a de recuperar os nosos montes e evitar o seu abandono.

35aefbc9-eccc-4f5f-bf2d-580cb737a294

Os días 30 de xuño e o 1, 7 e 8 de xullo terán lugar na Casa do Pobo de Beluso (Bueu) as Xornadas “Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte”, organizadas polo Gieea (Grupo de Investigación en economía ecolóxica e agroecoloxía). A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) colabora coa organización das xornadas, e participará tamén nun coloquio o xoves 1 de xullo ás 9:30, titulado “A xestión colectiva de montes privados, diversos exemplos de iniciativas sociais”.

Podedes consultar o programa das xornadas pinchando aquí (documento PDF).

Velaquí o programa das primeiras xornadas da APMM, que terán lugar os días 4, 5 e 7 de maio en Marín.

A asistencia ás xornadas e aberta e totalmente gratuíta, pero se queredes podedes inscribirvos nas mesmas utilizando o formulario que se atopa na dereita, ou abaixo de todo se accedes á web a través dun móbil.

Cartel

 

 

Díptico

DIPTICO DIPTICO2

 

Entrevista da APMM co delegado da Xunta, Sr. Cores Tourís.

Este pasado martes, día 7, unha delegación da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) entrevistámonos co sr. Cores Tourís. delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, para darlle a coñecer o traballo que a asociación está a desenvolver para a posta en valor dos montes privados do Morrazo.

Solicitámoslle ao sr. Delegado o apoio da Xunta á nosa labor de clarificación e actualización das propiedades, moitas delas abandonadas e de dono descoñecido; de limpeza e ordenación dos montes, e para a recuperación de especies autóctonas.
Informámoslle que a APMM,  despois de dous anos de traballo, agrupa xa a 105 propietarios e máis de 70 hectáreas de monte arbolado, e segue a medrar, e entre os seus cometidos está servir de ponte entre os propietarios, na defensa dos seus lexítimos intereses, e a Administración.
Tamén lle pedimos unha axuda económica para a compra dun equipo informático e distinto mobiliario necesarios para o desenvolvemento das nosas actividades.
O sr. Cores Tourís amosouse moi receptivo ás nosas demandas, e aconsellounos canalizar a través do Agader, no GDR Pontevedra-Morrazo, os proxectos de ordenación do monte, ou ben ir á constitución de Sofors para a explotación dos nosos recursos, que permiten a concentración parcelaria, sendo financiadas a súa constitución e posta en funcionamento pola Xunta de Galicia.
Dende a Apmm valoramos positivamente a entrevista co sr. Cores Tourís e agardamos a súa colaboración coas nosas demandas.

A pasada semana o presidente da APMM, Luciano Guimeráns, e o vicepresidente, José Manuel Carracelas, visitaron ao profesor Juan Picos Martín na Facultade de Forestais en Pontevedra (Universidade de Vigo). O profesor Picos ofreceunos o apoio da dirección da escola á labor que está a facer a APMM. Ofreceunos poder asinar un convenio de colaboración co apoio do vice-reitor, ver a posibilidade de que algún alumno faga practicas na sede da APMM, e confirmou a súa participación  nas “Xornadas sobre o monte” que estamos a organizar para finais do mes de abril.

Por outra banda, o vindeiro martes 7 de marzo temos unha xuntanza co delegado da Xunta en Pontevedra, o Sr. Cores Tourís, a quen lle pediremos apoio para o noso traballo e unha axuda económica para a compra dun equipo informático e outro mobiliario para a asociación.

A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) reuniuse o pasado día 13 de febreiro coa Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra.

Na xuntanza, Catastro deixou claro que os datos que figuran nos seus Censos son os “correctos”, malia posibles erros de titularidade ou faltas de actualización. Desde este punto de vista, Catastro sinalou que os propietarios están obrigados a comunicarlles todo cambio de titularidade (por sucesións, donacións, compra-venda, etc…) cando estes se producen, presentando a documentación necesaria que o xustifique; e que o simple feito de posuir un documento antigo ou moderno non é suficiente se esa acreditación non foi comunicada. Así, pode darse o caso de presentacións de documentos notariais obtidos por medios “ilícitos” que permiten rexistrar unha propiedade á nome dunha persoa distinta ao seu lexítimo dono, resultando logo moi difícil a súa recuperación. Por outra banda, Catastro amosou a imposibilidade de acordar unha axuda mútua coa nosa asociación, xustificándose na responsabilidade individual do propietario, quen debe porse en contacto directamente con Catastro mediante as vías previstas e pagando as taxas estipuladas.

XUNTANZA CASA DA CULTURA DE MOGOR

Artigo publicado por Manuel Freire no Faro de Vigo

Foto de María López.

Entre os días 13 e 16 do mes de setembro tivo lugar en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria: “Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte”. Este Curso estivo organizado polo GIEEA (Grupo de Investigación en Economía Ecológica y Agroecología) e contou coa presenza de diferentes proxectos e iniciativas vinculadas coa xestión e a dinamización do monte en Galicia, entre as cales se atopa a Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM).

O Curso universitario tratou de facer partícipe á cidadanía de experiencias dinamizadoras no monte que empregan recursos locais e formar a emprendedores locais mediante a adquisición de competencias básicas para a posta en marcha de iniciativas dinamizadoras locais a partir do monte en distintos ámbitos económicos.

A continuación podedes ver os as intervencións de Luciano Guimeráns e José Manuel Carracelas emitidas pola Televisión da Universidade de Vigo.

Intervención da APMM

Rolda de preguntas

1ª Asemblea Xeral de Soci@s da  APMM , Ardán 19 xuño 2016