X
Menu
X

Sobre nós

Que é a APMM?

APMM /

Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo

A APMM é unha asociación sen ánimo de lucro da que forman parte propietarias e propietarios de fincas ubicadas nos montes do Morrazo.

Ten como finalidade a mellora da produción forestal e a rendibilidade dos montes privados, contribuír de forma sustentable ao desenvolvemento social, medioambiental e económico da comarca do Morrazo, así como á creación de emprego.

As nosas actividades / APMM
Let Your Creative Juices Flow!

A APMM facilitará información, asesoramento e asistencia técnica aos asociados/as sobre a problemática forestal e ostentará a súa representación diante das administracións, entidades e institucións nacionais e internacionais.

Localización de fincas
Axudará á localización de fincas, verificar o nome dos seus propietarios/as e lindeiros/as, e a actualización do censo catastral.
Agrupación de fincas
Apoiará á agrupación de fincas dos seus propietarios/as dentro do mesmo polígono ou polígonos próximos mediante a permuta ou compravenda de parcelas, para favorecer a súa explotación.
Coidado de fincas
Organizará campañas de limpeza e mantemento do monte, fomentando o saneamento das fincas para a prevención de incendios, pragas, e demais desfeitas naturais que degraden o medio ambiente.
Ordenamento e mellora do monte
Promoverá iniciativas tendentes a mellorar a estrutura das propiedades; a súa explotación máis rendible e a xestión sostible dos recursos, favorecendo ás especies de flora e fauna autóctonas, por seren estas as mellor adaptadas ao medio e polo tanto as máis produtivas.
Emprego
Potenciará a creación de emprego permanente e de calidade no coidado e mellora do monte, na comercialización de produtos, e, indirectamente, noutros sectores como o turismo, a hostalaría e actividades de ocio.

Preguntas frecuentes Contacto
Como se financia a APMM?
O financiamento de APMM farase por:
a) As cuotas dos asociados/as (20€ anuais).
b) As aportacións extraordinarias dos asociados/as.
c) A prestación de servizos aos asociados/as e a terceiras persoas ou entidades, conforme ás tarifas previamente acordadas.
d) As doacións inter-vivos ou mortis causa.
e) As subvencións de entidades de dereito público ou privado.

Cales son os meus dereitos como asociado/a?
Os asociados/as de APMM terán os seguintes dereitos:
a) Acudir aos servizos de APMM na procura de asesoramento para a
localización e sinalización das fincas.
b) Recibir información sobre lindeiros/as das súas propiedades a medida que
sexan coñecidos por APMM.
c) Consultar a plataforma ou taboleiro de anuncios para saber de fincas de
outros propietarios/as interesados na permuta, compra-venda ou calquera pacto
que consideren presentar.
d) Utilizar os servizos da Asociación e recibir información e asesoramento, na
medida do posible, en todo o relacionado coa problemática forestal.
e) Beneficiarse de posibles axudas económicas de organismos oficiais para
proxectos de ordenamento, mellora e aproveitamento sostible do monte.
f) Coñecer a marcha económica da Asociación, mediante o dereito ao exame da
contabilidade da mesma en todo momento.

Como funciona a APMM?
Cada propietario/a, ou no seu caso a persoa autorizada, poderá solicitar unha fichadocumento das súas fincas ou parcelas, chegando a un acordo económico do custe que se pode asumir para a elaboración desta. Esta ficha-documento será elaborada por técnicos da asociación.