X
Menu
X

Convocatoria a tod@s os propietari@s de monte: Asemblea Xeral Ordinaria

Convocatoria a tod@s os propietari@s de monte: Asemblea Xeral Ordinaria

A Asociación de Propietarios/as de Montes do Morrazo, APMM, acordou convocar, segundo o mandato dos nosos estatutos, a Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebra unha vez ao ano.

A asemblea terá lugar o vindeiro domingo 1 de xullo, ás 10.30 h en primeira convocatoria, e ás 11:00 h en segunda, coa seguinte orde do día:

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da A.X.O do 05/06/2017
  2. Informe de xestión: xullo 2017 – xuño 2018
  3. Estado das contas: Ingresos e gastos do pasado exercicio.
  4. Anovación da Xunta de Goberno segundo o artigo 26 dos estatutos.
  5. Plan de actuación e orzamentos para o periodo 2018/2019
  6. Propostas de ordenación e posíbeis formas de organización: Agrupación de Propietarios; Cooperativa ou Sofor.
  7. Outros

A Asemblea Xeral celebrarase no Centro Social do Mar de Bueu, o domingo día 1 de xullo de 2018 á hora sinalada.

Agardamos a vosa presenza e activa participación.

Xunt@s, podemos mellorar o monte!

 

Share
www.000webhost.com