X
Menu
X

Xornadas “Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte”

Os días 30 de xuño e o 1, 7 e 8 de xullo terán lugar na Casa do Pobo de Beluso (Bueu) as Xornadas “Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte”, organizadas polo Gieea (Grupo de Investigación en economía ecolóxica e agroecoloxía). A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) colabora coa organización das xornadas, e participará tamén nun coloquio o xoves 1 de xullo ás 9:30, titulado “A xestión colectiva de montes privados, diversos exemplos de iniciativas sociais”.

Podedes consultar o programa das xornadas pinchando aquí (documento PDF).

Share