X
Menu
X

Entrevista da APMM co delegado da Xunta, Sr. Cores Tourís.

Entrevista da APMM co delegado da Xunta, Sr. Cores Tourís.

Este pasado martes, día 7, unha delegación da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) entrevistámonos co sr. Cores Tourís. delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, para darlle a coñecer o traballo que a asociación está a desenvolver para a posta en valor dos montes privados do Morrazo.

Solicitámoslle ao sr. Delegado o apoio da Xunta á nosa labor de clarificación e actualización das propiedades, moitas delas abandonadas e de dono descoñecido; de limpeza e ordenación dos montes, e para a recuperación de especies autóctonas.
Informámoslle que a APMM,  despois de dous anos de traballo, agrupa xa a 105 propietarios e máis de 70 hectáreas de monte arbolado, e segue a medrar, e entre os seus cometidos está servir de ponte entre os propietarios, na defensa dos seus lexítimos intereses, e a Administración.
Tamén lle pedimos unha axuda económica para a compra dun equipo informático e distinto mobiliario necesarios para o desenvolvemento das nosas actividades.
O sr. Cores Tourís amosouse moi receptivo ás nosas demandas, e aconsellounos canalizar a través do Agader, no GDR Pontevedra-Morrazo, os proxectos de ordenación do monte, ou ben ir á constitución de Sofors para a explotación dos nosos recursos, que permiten a concentración parcelaria, sendo financiadas a súa constitución e posta en funcionamento pola Xunta de Galicia.
Dende a Apmm valoramos positivamente a entrevista co sr. Cores Tourís e agardamos a súa colaboración coas nosas demandas.
Share