X
Menu
X

Resumo da reunión con Catastro.

A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM) reuniuse o pasado día 13 de febreiro coa Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra.

Na xuntanza, Catastro deixou claro que os datos que figuran nos seus Censos son os “correctos”, malia posibles erros de titularidade ou faltas de actualización. Desde este punto de vista, Catastro sinalou que os propietarios están obrigados a comunicarlles todo cambio de titularidade (por sucesións, donacións, compra-venda, etc…) cando estes se producen, presentando a documentación necesaria que o xustifique; e que o simple feito de posuir un documento antigo ou moderno non é suficiente se esa acreditación non foi comunicada. Así, pode darse o caso de presentacións de documentos notariais obtidos por medios “ilícitos” que permiten rexistrar unha propiedade á nome dunha persoa distinta ao seu lexítimo dono, resultando logo moi difícil a súa recuperación. Por outra banda, Catastro amosou a imposibilidade de acordar unha axuda mútua coa nosa asociación, xustificándose na responsabilidade individual do propietario, quen debe porse en contacto directamente con Catastro mediante as vías previstas e pagando as taxas estipuladas.

Share