X
Menu
X

Participación da APMM no curso da Universidade de Vigo “Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte”

Entre os días 13 e 16 do mes de setembro tivo lugar en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria: “Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte”. Este Curso estivo organizado polo GIEEA (Grupo de Investigación en Economía Ecológica y Agroecología) e contou coa presenza de diferentes proxectos e iniciativas vinculadas coa xestión e a dinamización do monte en Galicia, entre as cales se atopa a Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo (APMM).

O Curso universitario tratou de facer partícipe á cidadanía de experiencias dinamizadoras no monte que empregan recursos locais e formar a emprendedores locais mediante a adquisición de competencias básicas para a posta en marcha de iniciativas dinamizadoras locais a partir do monte en distintos ámbitos económicos.

A continuación podedes ver os as intervencións de Luciano Guimeráns e José Manuel Carracelas emitidas pola Televisión da Universidade de Vigo.

Intervención da APMM

Rolda de preguntas

Share