X
Menu
X

Rolda de prensa para presentar a Asemblea Xeral de Socios en Ardán o domingo 19 de xuño

Rolda de prensa para presentar a Asemblea Xeral de Socios en Ardán o domingo 19 de xuño

A  Asociación de Propietari@s de Montes do Morrazo cumpre un ano dende a súa constitución e,  de acordo co recollido nos seus estatutos, ten a obriga de celebrar unha asemblea xeral con todos os seus asociad@s.

Tamén queremos convidar, para que teñan representación neste acto, ás comunidades de montes, asociación veciñais,  madereiros e outras persoas da comarca relacionadas co monte.

Nesta xuntanza trataranse varios temas como  a elección ou renovación dos membros da Xunta de Goberno,  a aprobación das contas e o orzamento anual, o programa de actividades e demáis asuntos que se consideren.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:

. Día: 19 de xuño de 2016

. Hora: ás 10.30 horas en 1º convocatoria e ás 11.00 h. en 2º convocatoria

. Lugar: Casa da Cultura de Ardán, Marín.

. Orde do día:

1.- Lectura Acta Asemblea Constituínte do 28/06/2015.

2.- Ratificación das modificacións introducidas nos artigos: 4.b; 12.g.h.; 13.b; 14.B.; 25; 28; 46; e Disposición Transitoria dos Estatutos para a  súa legalización.

3.- Aprobación do Informe de Xestión: xuño 2015- xuño 2016.

4.- Estado de contas: Ingresos e Gastos.

5.- Proposta de nova Xunta de Goberno.

6.- Plan de actuación e Orzamento para o vindeiro exercicio:  xuño 2016- xuño 2017.

7.- Outros.

Agradeceriamos  a túa presencia neste acto e animámosche a que nos fagas chegar todas as aportacións ou suxerencias que consideres beneficiosas para o monte.

Share