X
Menu
X

Marzo

Nova Xuntanza na Casa da Cultura de Seixo. Domingo 12 de marzo de 2016

Hoxe, sábado as 17:00 horas,  fixemos un novo acto de presentación da APMM na casa da cultura de Seixo.

Foi unha xuntanza moi participativa  á que acudiron  uns 30 veciños, que aportaron as súas opinións e suxerencias.

Todos os asistentes  estivemos dacordo en que só xuntos podemos avanzar para mellorar o monte. Fíxose especial fincapé en que cada novo socio intente explicar a veciños e coñecidos, con propiedades no monte,  as ventaxas de unirse para facernos mais fortes.

Fixemos novos socios e acordouse que as persoas interesadas  poden deixar as fichas de socios e tomadas, ao encargado da casa da cultura de Seixo , entregalas  a diretiva da APMM directamente, nas xuntanzas dos mércores ás 20:00 h na casa da cultura de Cela, ou contactar con nos por diferentes medios.

Gracias a tod@s por acudir a nosa convocatoria

1fotoseixo5fotoseixo

4fotoseixo

2fotoseixo

Moi boa acollida na xuntanza na Casa da aldea de Meiro, domingo 6 de marzo 2016

O pasado domingo, as 11:00 horas, tivo lugar a asemblea de presentación da APMM na casa da aldea de Meiro.

Asisitiron unhas 60 persoas que amosaron moito interese pola asociación e polo coidado e aproveitamento do monte.

Os interesados en facerse socios poden deixar as follas de inscrición e de tomadas á asociación de veciños, contactar con nos  ou entregalas, dentro dun mes, xa  que volveremos a facer outra xuntanza no mesmo lugar.

 

fotomeiro4 (1)fotomeiro10

fotomeiro7

fotomeiro4 (2)

 

casa da aldea de Meiro

 

fotomeiro8

 

Domingo 6 de marzo 2016. Xuntanza da APMM na Casa da Aldea de Meiro

Próxima xuntanza da Asociación de Propietarios de Montes do  Morrazo, APMM, na casa de aldea de Meiro,  o  domingo 6 de marzo as 11,00 horas da mañana.

Seguindo  coa  ronda de xuntanzas  por parroquias, la APMM quere acercarse aos veciños das zonas de  Meiro, Ermelo, A Portela  e  outros interesados, para dar a coñecer  a  asociación, os seus  fins e obxectivos e acadar   novos soci@s e así, xuntos colaborar na mellora e  recuperación do monte.

Acude a esta xuntanza e convida a veciños e familiares polo futuro do monte privado do morrazo