X
Menu
X

Reunión coa Alcaldesa de Marín

Reunión coa Alcaldesa de Marín

 

Artigo extraído de Morrazoaldía: http://morrazoaldia.com/gl/la-asociacion-de-propietarios-montes-do-morrazo-presentan-a-la-la-alcadesa-de-marin-su-proyecto-para-las-parcelas-forestales/

A Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo presentaron á alcaldesa de Marín os labores que pretenden desenvolver desde o seu colectivo. A asociación naceu debido á inquietude de moitos propietarios de parcelas forestais dos Concellos de Marín e de Bueu.

O obxectivo da APMM é levar a cabo unha captación de socios e socias para promover o asociacionismo e levar a cabo unha xestión conxunta das parcelas coa finalidade de buscar rendibilidade social, ambiental e económica. Desde a asociación destacan que a través dunha boa xestión chegaríase a mellorar a prosperidade da comarca a través da xeración de emprego, achegue ao mercado de produtos de calidade ou o aumento do valor de mercado das parcelas ao ter unha maior rendibilidade económica.

Desde a Propietarios de Montes do Morrazo solicitan o apoio institucional para sacar adiante a iniciativa, así como a colaboración para localizar parcelas e os seus propietarios a través dunha axuda económica e a limpeza de camiños para axudar á localización.

Share