X
Menu
X

Agosto

A Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo realiza mañá unha charla na Casa da Cultura do Campo, en Marín
Mañá, ás once e media da mañá, a Casa da Cultura de O Campo, en Marín, acollerá unha presentación da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo. O colectivo, sen ánimo de lucro, pretende agrupar aos propietarios de monte privado do Morrazo para lograr unha mellora da produción forestal con criterios de sustentabilidade. Ademais, queren que se contribúa ao desenvolvemento da comarca e crese emprego de calidade ao redor do monte. A intención do colectivo é revitalizar o interese polo monte como un ben para coidar e protexer, polo seu achegue económico, ambiental e social á comunidade e evitando no posible que sexa vítima de lumes. A asociación tamén será recibida pola alcaldesa de Marín o vindeiro luns. O colectivo explicará o seu plan de acción á rexedora e solicitaralle a colaboración en todo o que ten que ver co monte e as súas competencias.